O PP denuncia o estado da rúa na que se atopa o cine ribadense, único de A Mariña

José Francisco Alonso Quelle
José Alonso RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

Son as únicas salas comerciais existentes en trescentos kilómetros de costa, dende Avilés ata Ferrol

05 feb 2015 . Actualizado a las 17:54 h.

O PP de Ribadeo denuncia o estado da rúa na que se atopa o cine local, o único existente en máis de trescentos de kilómetros de costa, dende Avilés ata Ferrol. Di o PP que a rúa Carlos III, onde se atopan as dúas salas comerciais, "está totalmente abandonada: sen alumeado e sucia e a rúa Sor Pilar de León, vial onde aparcan os vehículos, tamén se atopa en condicións deplorables". O PP ribadense critica "o pasotismo do rexedor, máxime cando estamos a falar dun lugar de gran afluencia de cidadáns posto que o único cine que existe na comarca de A Mariña atópase en Ribadeo".