José Luis Pajón tivo que esperar ata o mesmo día da investidura para saber que gobernaría
22 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.José Luis Pajón gañou as eleccións pero tivo que esperar ata o mesmo día da investidura para saber se gobernaría.
-¿Cambioulle moito a vida?
-A vida cambioume, aínda que trato de manter as mesmas costumes, atender á familia. Pero tes menos tempo porque son alcalde as 24 horas, por algo teño a exclusiva. Tés que estar dispoñible para os veciños e durmo co móbil na mesiña de noite. Pero estou contento, e a xente creo que tamén, e recoñece o noso traballo.
-¿Que foi o mellor deste ano?
-O recoñecemento que che fan os veciños cando lles podes solucionar un problema, aínda ás veces sentes impotencia porque non se pode arranxar algo porque non tes competencias ou tes limitacións económicas. Somos un concello cun orzamento pequeno e tratamos que todo o diñeiro se gaste en cousas que son necesarias.
-¿E que é o máis necesario?
-Estradas e infraestruturas que hai que amañar. Temos 80.000 euros como subvención do Agader para vías, pero poñen condicións, que vaian para explotación gandeiras ou que haxa fincas adscritas no PSC. Neste caso temos a de Bodegas a Grandal (De Merille a Xerdiz) polo derrube de fai seis anos, outras en Miñotos. Tamén co Plan Eólico faremos actuacións na depuradora onde houbera unha avaría tremenda, e na tubería xeral para evitar que haxa roturas; tamén nos depósitos de auga. Tamén a rehabilitación do centro social de Ambosores, con 60.000 euros.