O PSOE denuncia o abandono do cemiterio vello de Mondoñedo e a cesión de terreos da Granxa

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

MONDOÑEDO

O Conselleiro de Educación visita hoxe a cidade

04 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O PSOE de Mondoñedo denuncia o estado de abandono do emblemático cemiterio vello. Tamén critican a «xestión irresponsable do goberno de Elena Candia sobre a cesión dos terreos da Granxa para facer un aparcadoiro, a pesar da disconformidade da Anpa e da dirección do centro», sinalan.

«Hoxe, martes, vén o conselleiro de Educación a Mondoñedo, pois que lle pidan partidas e investimenos para unha mellor oferta educativa», din.

Tamén se opuxeron no último pleno á apertura dun mirador en Monfadal, «porque bastante hai con atender ao patrimonio que temos, véxase o estado do cemiterio».