Hoxe preséntase o «Mondoñedo literario» de Armando Requeixo

La Voz

MONDOÑEDO

Organizado polo Concello e pola Deputación

02 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe ás 20 horas preséntase na sala multiusos do centro comarcal de Mondoñedo o volume «Mondoñedo literario», do profesor Armando Requeixo, natural da cidade episcopal.

Neste acto, organizado polo Concello de Mondoñedo e pola Deputación, acompañarán ao autor Elena Candia, alcaldesa e presidenta da Deputación, e Claudio Rodríguez Fer, escritor e profesor.

O interesante volume, do que xa deu conta a Voz no seu día, reúne estudos sobre a obra e a vida de destacados escritores/as mindonienses.