«Votar en contra de que o Concello asuma o xeriátrico sería ir contra os 35 internos e os 15 traballadores»

María Cuadrado Fernández
MARÍA CUADRADO FOZ / LA VOZ

FOZ

pepa losada< / strong>

O rexedor e unha edila do BNG reuníronse coa plantilla do asilo de Foz, preocupada polo seu futuro ante a apertura da nova residencia

26 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Para o luns 30 foi convocado un pleno no que a corporación decidirá a futura xestión do xeriátrico, listo e equipado para ser ocupado. O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, reuniuse o martes coa plantilla do asilo de anciáns para responder as dúbidas dos traballadores sobre o anunciado peche desta instalación unha vez comece a funcionar o xeriátrico. Acudiron tamén á cita a edila do BNG Teresa Rego e representantes sindicais.

-Pedíronnos unha cita porque estaban preocupados por todas as informacións que estaban trascendendo. Tamén nos manifestaron a preocupación dalgúns internos sobre o seu futuro.

-Levan semanas debatindo sobre a xestión do xeriátrico, ¿será o luns o día definitivo no que se tome unha decisión?

-No pleno do luns temos que decidir si lle solicitamos ao Consorcio a cesión do xeriátrico e empezamos a traballar nun convenio e nunha ordenanza, ou non. Si o pleno decide que non á cesión temporal en mans do Concello haberalle que dicir ao Consorcio que se ocupe de poñelo a funcionar e que o faga o antes posible. Votar en contra de que o Concello asuma o xeriátrico sería ir contra os 35 internos e os case 15 traballadores da plantilla. Si o Concello asume o centro para que o xestione Mensajeros de la Paz, os internos pasarían directamente do asilo ao xeriátrico e despois, unha vez redactada a ordenanza, as novas incorporacións deberían cumprir cos requisitos que establecera esa ordenanza. Ademais, contar coa plantilla de traballadores do asilo sería moi positivo porque teñen anos de experiencia no seu traballo, coñecen ben aos internos... A outra opción é que estes traballadores se queden no paro. O caso de Foz é diferente ao doutros lugares. Aquí non abre un centro e parte de cero. Aquí hai 35 residentes nun asilo que queremos que podan disfrutar da nova residencia.

-¿Por que non acudiron á visita representantes do PSOE nen de Foz Plataforma de Futuro?

-Quizais teñen argumentos ocultos diferentes aos que manifestaron nas reunións, pero eu pídolles sensibilidade e que isto saia adiante.