Foz Plataforma de Futuro está moi agradecida co apoio da xente de Foz

LUIS ALFONSO SIXTO

FOZ

27 may 2015 . Actualizado a las 21:27 h.

Agradecemos aos focenses a súa confianza e comprometémonos a traballar dende xa mesmo por recuperar o potencial deste gran pobo.

Luis Alfonso Sixto quere transmitir a inmensa satisfación desta xoven iniciativa política que conta con apenas sete meses de existencia pero que foi un modelo de traballo, ganas, ilusión e o cal cumpliu todos cantos obxetivos se propuxo cunha nota extraordinaria.

Temos un equipo de xente detrais impresionante que nos levou en volandas, con unha enerxía inmensa e tratando con un compromiso inigualable cada cousa que tiveron entre mans.

Como dixemos dende un principio esta é unha inicitiva de veciños facendo política, cos seus códigos, apoiados na tecnoloxía e utilizando a comunicación para mostrarnos vivos e transparentes, tal como somos.

Vamos a sentarnos a analizar con tranquilidade na nosa asamblea veciñal onde estamos e cara onde queremos ir. 

Creíamos en nós, creístedes en nós, non vos imos fallar.