«Teño arredor de 15.000 fotos antigas só de Foz»

Yolanda García Ramos
yolanda garcía FOZ / LA VOZ

FOZ

Acia/CCA focense destinará a recaudación das ventas ao Banco de Alimentos, Cáritas e á Protectora de Animais

25 feb 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Xesús Basanta, máis coñecido como Suso do Breogán, é o autor do deuvedé de fotografías antigas e actuais de Foz Foz, onte e hoxe que se presentará este venres 27 ás 20.30 na Casa da Cultura, poñéndose tamén á venta ese día.

-¿Cantas imaxes antigas ten xa na súa particular colección?

-Teño arredor de 15.000 fotos antigas e só de Foz. É unha forma de coñecer Foz. Non se trata só de ver o cambio na paisaxe que experimentou Foz, senón tamén na maneira de vestir, nos hábitos da xente... porque na maioría das fotos antigas, cando ves a xente comendo nun campo ou nunha romaxe, sobre todo as mulleres, ensinan o que están comendo, e os homes, a forma de beber pois antes beber un pouco de viño non era tan doado coma hoxe e se bebía nun día de festa ou destacado. Outro cambio moi curiosp é que normalmente se estreaba traxe, ou ben o día da festa do patrón ou o día do Corpus e o traxe duraba mínimo cinco anos, non como pasa agora.

-¿Cantos deuvedés se editan?

-Fixéronse 500. Según saen as fotos, a antiga de Foz aparece á esquerda e a actual á dereita. Eu propúxenllo a Acia, a José Carlos Paleo, o seu presidente. A recaudación, creo, que irá para o Banco de Alimentos, Cáritas e a Protectora de Animais de Foz.

-¿Cantas fotografías utilizou para este traballo audiovisual?

-O deuvedé dura uns 20 minutos e son cento e pico fotografías. Vai acompañado de música que seleccionei, un tema de Francisco Javier Alonso Navarro «Chingla» dedicado aos vellos mariñeiros de Foz. A min pareceume a música máis idónea.

-¿Que foto é para vostede a máis curiosa da súa colección?

-A que amosa como era a praia de Tupide, convertida agora nun porto que non sirve para nada, recheando todo. Comémoslle ao mar coma se non tivéramos terra. Pero o vídeo non o fixen con ánimo de facer crítica, pois hai cousas que melloraron. Tamén teño outras imaxes de onde está agora Conde de Fontao, que antes era todo area e ata alí chegaba o mar e había unha pasarela de madeira para poder subir aos barcos.

xesús basanta autor do deuvedé «foz, onte e hoxe»