Lorena Seivane será a alcaldable do BNG en Foz

María Cuadrado Fernández
MARÍA CUADRADO FOZ / LA VOZ

FOZ

CEDIDA

Foi elixida onte por unanimidade da asemblea local do partido

31 ene 2015 . Actualizado a las 18:49 h.

O BNG de Foz elixiu onte por unanimidade en asamblea á candidata que representará ao partido nas vindeiras eleccións municipais de maio. Lorena Seivane, actual responsable local do Bloque, será a alcaldable nuns comicios aos que tamén concurrirán alomenos o PP, o PSOE e Foz, Plataforma de Futuro. Seivane, empregada de banca, representa a renovación dentro do BNG e confesa que concorre ás eleccións con "ilusión e forza" e con gañas de traballar para mellorar os servizos e as condición sociolaborais dos vecinos de Foz: "Non quero que a xente moza coma min teña como única saída emigrar", recoñece a candidata nacionalista, que sucede neste cometido ao actual edil e voceiro municipal Xan Carlos González Basanta.