O Goberno da Deputación dota aos veciños de Cervo denovas prestacións públicas con máis de 350.000 euros

La Voz LUGO .

CERVO

cedida

Construción dun paseo peonil cara o Conxunto Histórico de Sargadelos, que solicitaronos veciños e cos que se comprometeu o titular provincial.

23 may 2017 . Actualizado a las 11:48 h.

O Goberno da Deputación financiou con máis de 350.000 euros do Orzamento de 2016 ó concello de Cervo dotando aos 4.300 veciños deste municipio de novas prestacións. Unha das máis celebradas é a construción dun paseo peonil cara o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos para a que o Goberno da Deputación fixo unha primeira achega de 135.000 euros. Son unhas actuacións solicitadas polos veciños cos que o Presidente da Deputación, Campos Conde se comprometeu, tendo en conta, ademais, os seus beneficios en impulso do turismo.

Divídense en dúas fases. Estase a executar a primeira, polo que ata o momento se dotou á zona de puntos de luz.Outra dotación moi celebrada son as novas pistas de pádel que se fixeron a través dun investimento de 92.637 euros. Estas novas instalacións deportivas, sitúanse dentro do recinto no que tamén se atopa o campo de fútbol. No núcleo da Pena, na parroquia de San Román, o Goberno da Deputación mellorou o sistema de saneamento, beneficiando directamente aos 100 veciños da zona, cunha achega de 45.650 euros. Tamén se fixo a mellora e a ampliación da rede de alumeado público na Avenida Veiga que fai de acceso ao polígono de Cervo através de máis de 19.200.

Servizos Sociais e Emprego

Máis de 20.000 euros son os que se destinan para a prestación do Servizo a Domicilio e de Teleasistencia, ambos os dous dirixidos a persoas non dependentes. Son máis dunha trinta de maiores de Cervo aos que o Executivo Provincial ofrece estas prestacións sociais. A través do DEPUEMPREGO, o Executivo Provincial asume con máis de 37.000 euros os custos laborais da contratación de 5 persoas que traballan de peóns no Concello, mellorando dotacións públicas municipais.

O Executivo Provincial achegou ademais aos veciños de Cervo máis de 20.000 euros para a organización de actividades culturais, deportivas e lúdicas, que contribúen a dinamización económica e social deste Concello, ao tempo que se colabora co conxunto do tecido asociativo deste municipio.