«Gústame a ?Malagueña Salerosa? de ?Kill Bill?»

M. C,

CERVO

O candidato do PP en Cervo, en Primeira Persona

25 abr 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

1. ¿De quen ven sendo?

De Toñito de Severino e de Angelines de Paleo.

2.¿Por que se mete en política?

Porque tiña e teño gañas de facer cousas polo meu pobo.

3. A súa principal cualidade.

Creo que sei escoitar á xente e poñerme no sitio doutras persoas.

4. Un defecto.

Cóstame dicir que non ás cousas porque teño vontade de axudarlle á xente.

5. A súa afección.

O deporte.

6. ¿Que non falta no seu armario?

Uns vaqueros e unha camisa.

7. ¿Cando fai a compra?

Poucas veces. Cando a miña muller non pode.

8. ¿A quen admira?

Ás persoas que se respectan e se fan respectar.

9. Un prato preferido.

Todo o que prepara a miña muller é un placer.

10. ¿Que coche ten?

Un Mondeo veterinario.

11. Unha canción ou un grupo musical.

A versión de «Malagueña salerosa» da película Kil Bill.

12. Un lugar da Mariña.

Teño dous; Espiñerido e a praia de Rueta.

13. ¿Merca vostede a roupa?

Si.

14. ¿Canto vale un quilo de azucre?

Sobre un euro.

15. Unha trasnada...

De neno, moitas. Decidín facerme veterinario despois de andar xogando cun tirafondas. Un día dinlle a un gorrión e desde aquela decidín aparcar as armas e dedicarme a ser veterinario.

16. O último sitio aonde foi de vacacións.

A Huelva, coa miña familia.

17. A cousa máis tonta que lle pasou.

Son unha persoa que me despisto moito.

18. ¿Que libro está lendo?

«Las intermitencias de la muerte», de José Saramago, é un escritor que me gusta.

19. ¿Ten manías?

Doulle moitas voltas ás cousas.

20. Un taco.

Non son de dicir tacos.