Agradecementos da executiva do PSdeG-PSOE de Burela

Comisión Executiva PSdePSOE-Burela

BURELA

27 may 2015 . Actualizado a las 21:30 h.

Dende a Executiva do PSdeG-PSOE de Burela queremos, despois de analizar os resultados das eleccións municipais, agradecer o apoio recibido por parte dunha gran maioría dos veciños e veciñas de Burela.

Estes resultados que nos ofrecen unha maioría moi sólida para gobernar Burela, énchenos de satisfacción e responsabilidade para poder volver a colocar a Burela no sitio que lle corresponde.

Estamos seguros que a candidatura coa que nos presentamos ás eleccións poderá afrontar o reto que os veciños e veciñas nos encomendaron para os próximos catro anos, e estará á altura da esixencia que os resultados nos deron.

Queremos agradecer tamén a axuda de afiliados e simpatizantes durante a campaña, que puxeron o seu grao de area para que estes resultados foran posibles.

Por último manifestar a nosa disposición ó diálogo e ó acordo cós grupos que obtiveron representación nas eleccións para todos aqueles temas que sirvan para mellorar as condicións de vida dos veciños e veciñas de Burela. Gobernaremos con todos, e para todos.