«A figura histórica que máis me atrae é Xesucristo»

BURELA

O alcalde de Burela pensa que a tenacidade é  a súa principal cualidade

19 abr 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

1. A súa principal cualidade: Non son quen para dicilo, pero xa postos, a tenacidade, e non ter moitas caras que digamos.

2. O seu defecto: Son un auténtico manazas. E son algo desordeado, aínda que dentro desa desorde procuro ter unha orde. 3. Afeccións: A música, a historia e andar. Non lle faigo ascos á parola cos amigos tomando algo.

4. ¿A quen admira? A figura histórica que máis me atrae é Xesuscristo. Hai persoas próximas ás que admiro por varias cuestións.

5. O seu prato preferido: O xamón, a tortilla ou un prato de patacas fritidas cun ovo fritido, xamón ou chourizo.

6. ¿Que coche ten? Un Golf comprado en 2002. Ten un pila de quilómetros pero aínda tira?

7. Unha película: «Ciudadano Kane» de Orson Wells, e «Apocalypse now» de Coppola.

8. Unha canción: Máis ben, estilos. Teño unha boa colección de discos de todos os estilos, pero nela predomina o rock, o blues? música dos 60 e 70, sobre todo, e tamén dos 80. E tamén de agora, eh! Tres das moitas cancións que máis me gustan, pola súa estrutura, polo contido, son «Stairway to heaven», de Led Zeppelin, que tamén me trae bos recordos, e «Layla», de Eric Clapton, pero a primeira versión, a que fixo con Derek and the Dominoes, que dura máis de sete minutos. E a versión que fixo Jimi Hendrix da canción de Dylan «All along the watchtower».

9. Un lugar da Mariña: Burela, sin dúbida. Subir ó Castelo en días de boa visibilidade é unha delicia.

10. ¿Merca a roupa? Eu mesmo.

11. ¿Como se leva coa lavadora e coa prancha? Non son un fenómeno, eh, pero ben, deféndome.

12. ¿Sabe canto custa un litro de aceite? Depende, o de aceite de oliva normal podes atopalo a algo máis de 3 euros, e o de oliva virxe extra cerca dos 4 e mesmo a máis.

13. Unha trasnada: A que máis ?consecuencias? tivo foi cando entre catro lle puxemos unhas pedras ó tren nos railes, cando o tren estaba en probas, nos anos 60. Só queriamos ver cómo quedaban as pedras. Víronnos, e mesmo tivo que falar o maestro e o cabo da Garda Civil cos nosos pais. Teño unha querencia especial pola igrexa da Vila do Medio. Alí me bautizaron, pero tamén alí atopei a cicatriz que teño na cabeza despois de pegarme un trompazo contra o dintel de pedra da porta que dá ó adrio xogando ó fútbol.

14. A cousa máis tonta que lle pasou: Lembro unha que me pasou na Coruña. Aínda facía footing? ía correndo un sábado pola acera da Ronda de Outeiro, e nisto que hai un accidente na rúa? E houbo outro na acera? xa que me peguei un trompazo enorme contra unha farola que me deixou KO dous ou tres minutos.

15. ¿De que cor son os billetes de 500 euros? Rosa ou malva, creo?.

16. Un refrán ou lema na vida: Máis ben un lema que me inculcaron meus pais e tratei de inculcarllo ó meu fillo, e creo que o conseguín, e tamén transmito ás persoas que están conmigo; só con traballo e sacrificio se conseguen os obxectivos. Ninguén che traerá nunca nada á casa, tés que saír buscalo unha e outra vez.

17. ¿Manías? Unha moi curiosa. Cando como nun restaurante teño que ter unha parede ás costas, quero ter visión de toda a sala.

18. ¿Que almorza? Un litro de auga agora, 3 ou 4 pezas de froita de alí a un pouco, e un descafeinado con auga cando vou saír da casa. Ocasionalmente, cereais.

19. ¿Twitter, facebook ou whatsapp? Facebook e whatsapp. Espero meterme en twitter en breve. 20. ¿Por que se presenta? Porque mo pide o meu partido e porque considero que o bo traballo que fixemos nestes catro anos hai que rematalo.

en primeira persona josé gonzález barcia, rexedor de burela e alcaldable do partido popular