Un libro de Antonio Reigosa na lista de honra do IBBY 2018

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

É o único traballo en galego incluido na listaxe

19 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

«Lendo lendas digo versos», libro de Antonio Reigosa -Cronista Oficial de Mondoñedo- e de Antonio G. Teijeiro, editado en Xerais e ilustrado por Xosé Cobas, é o único libro galego incluído na prestixiosa Lista de Honra do IBBY 2018, na que entran os mellores libros infantís e xuvenís publicados no Estado. Os diplomas entregaranse en Atenas en agosto do vindeiro ano. Este libro ademáis xa foi gañador á mellor iniciativa bibliográfica na I Gala do Libro Galego no 2016. Parabéns ao escritor e Cronista de Mondoñedo, A. Reigosa, quen se amosa satisfeito pola nova e pola acollida que está a ter o libro.