Aniversario dunha traxedia

Suso Fernández O «XESÚS NAZARENO»

A MARIÑA

Opinión

18 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Omar é camiño aberto a tódalas culturas: a través dos tempos navegaron por él señores e vasalos; ricos e pobres; ignorantes e ilustrados; pacíficos e belicosos; santos e piratas; conquistadores e conquistados; amos e escravos…

O mar foi, ó longo da historia, escenario e vieiro das mais contradictorias vivencias e, neste senso, a literatura universal amosa unha infinidade de obras mestras que tiveron no mar, e nas súas mil facetas, o protagonismo.

O mar encerra nas entrañas os mais insospeitados misterios. A inmensidade do océano; a súa profundidade física e estética, dan lugar ás mais fantásticas creacións, e os poetas, sublimes cantores do real, e do imaxinado, atoparon sempre no mar unha das fontes de inspiración mais significadas.

O mar exerce unha engaiolante atracción sobre as almas sensibles e a súa soa contemplación fala de liberdade; de vieiros que levan por camiños infindos e ignorados, ó remate dos que pode atoparse a groria, a fortuna, ou,¡quén sabe!, a traxedia na que tantas veces rematan os soños do home.

Tódolos mares do mundo coñecen da traxedia nas súas augas. Tristes aconteceres que úns quedaron no anonimato e outros, polas circunstancias que os rodearon, permañecen escritos, con rasgos indelebles,na historia negra da Humanidade… Mais, a pesares de tanto drama, o mar manterá o seu engado pois, como dixo o poeta francés Baudelaire, “o home libre sempre amará o mar”… Cómprense hoxe 72 anos da que foi a traxedia meirande do mar de Foz: o afundimento do “Xesús Nazareno”, no que pereceran os seus doce tripulantes.