Falta de oportunidades profesionais

Saray Blanco EXCONCELLEIRA NON ADSCRITA

A MARIÑA

Opinión

29 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Comecei a formar parte da Corporación Municipal de Viveiro, logo das elección municipais do ano 2015. Presenteime co mellor dos equipos deste concello e coa convicción de que era posible traballar para conseguir un presente e un futuro mellor para Viveiro.

Pero coma moitas mozas e mozos de Viveiro, a falta de oportunidades profesionais adaptadas á miña formación no noso Concello é enorme, así que me vexo obrigada a trasladar a miña residencia a outra cidade, para desenvolver a miña actividade profesional.

Seguirei comprometida con Viveiro, co tecido social e cultural do noso Concello. Traballarei para que a partir de agora, o camiño das mozas e mozas sexa de regreso e non de partida.

Aproveito a ocasión para darvos as grazas a todas e todos polo respecto e bo trato que recibín deste pleno. Foi unha honra servir a Viveiro durante estes dous anos.

E por isto, que mediante o presente escrito, presento a miña renuncia á Acta de Concelleira da Corporación Municipal de Viveiro