40.600 euros para a cascada máis alta de Galicia: Escouridal

s. c. / d. g. ALFOZ / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

A Xunta acondicionará o acceso a este paraxe de Alfoz

29 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Turismo de Galicia destina 40.600 euros ao Concello de Alfoz para acondicionar a ruta de acceso á fervenza de Escouridal, a de máis altura de Galicia, e sinalizar outros recursos turísticos do municipio.

Así o confirmou o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, que incidiu na importancia de potenciar os recursos turísticos e culturais.

Esta medida de Turismo de Galicia enmárcase dentro da orde de subvencións a entidades locais para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Segundo explicou Balseiro, as axudas teñen por obxecto «consolidar a oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística».