O CCA de Foz reparteu 1.000 euros en premios na Festa Vintage

La Voz FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

O Centro Comercial Aberto de Foz repartiu 1.000 euros

27 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O Centro Comercial Aberto de Foz repartiu o sábado 1.000 euros en premios na súa Festa Vintage no sorteo presencial realizado nun descanso da actuación do grupo local Sons Varadero. Todas as persoas que realizaron as súas compras no comercio focense asociado os días 23 e 24 puideron cambiar os seus tíckets para participar neste sorteo. O premio de 500 euros en vales de compra foi para Carmen Moreda; e os vales de 100 euros foron para Carmen López, Rafael Rodríguez, Mari Carmen Amor, Pedro Rivadulla e María Luisa Rivadulla. Entregou os agasallos o vicepresidente da Acia, José Ginzo. No sorteo tamén estiveron presentes Celia Núñez e José C. Paleo.