Burela instala dúas cámaras nas praias da Marosa e O Portelo para saber o tempo que fai

La Voz BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

As cámaras están conectadas coa web municipal de Turismo

27 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A Concellería de Turismo de Burela vén de instalar dúas cámaras nas praias de O Portelo e A Marosa para que recollan información en tempo real do estado no que se atopan ditos areais. As cámaras xa están conectadas coa páxina web municipal de Turismo.

O concelleiro Ramiro Fernández Rey explicou onte que «son dúas cámaras nas que se vai poder ver en tempo real o estado no que se atopan as praias tanto A Marosa como O Portelo, co obxectivo de que todo o mundo poida ter unha información puntual de cal é a situación do tempo en Burela neses areais e se achegue tranquilo».