Promavi venderá 60.000 toneladas de madeira a Ence

La Voz VIVEIRO / LA VOZ VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Serán ata 5.000 toneladas mensuais

31 may 2017 . Actualizado a las 10:44 h.

Os produtores de madeira de eucalipto agrupados na Asociación Promavi (Viveiro) venderán a Ence ata 60.000 toneladas este ano, segundo comunicaban onte desde a propia asociación.

«En virtude do acordo asinado -explican desde a empresa papeleira-, Ence recibirá ata 5.000 toneladas mensuais procedentes das explotacións dos socios de Promavi (Viveiro), que se enviarán ás fábricas de Navia e Pontevedra, onde serán transformadas en celulosa».

A Asociación, con sede social en Viveiro e que agrupa xa a aproximadamente 300 socios, ten como fins, «ademais da defensa dos intereses dos seus socios -sinalan-, a erradicación das pragas que ven afectadas as súas masas, a ordenación do territorio, a certificación forestal de toda a súa superficie e a defensa das plantacións de eucalipto globulus fronte a nitens».

Madeira sustentable

Desde Ence tamén indican que «este acordo asinado entre Ence e Promavi contempla primas á produción de madeira sustentable que conte cos selos de certificación PEFC e FSC®. Con estas primas á produción sustentable, Ence quere promover as mellores prácticas en materia de xestión responsable dos cultivos de madeira entre os produtores de eucalipto de Galicia».

«Ademais, o esquema de prezos definido conta cunha prima referenciada aos prezos internacionais da celulosa, polo que o devandito acordo recolle no prezo ao propietario as posibles variacións do mesmo», conclúen desde a empresa de transformación da madeira. A nova que revelaba onte Ence por tanto contempla a venda este ano de 60.000 toneladas.