Eternamente agradecido

Iago Míguez

A MARIÑA

20 may 2017 . Actualizado a las 16:32 h.

Estas dúas palabras son as que mellor explican o que sinto nestes momentos, por iso quero comezar dicindo: MIL GRAZAS.

Foron seis temporadas a nivel profesional e desde o primeiro día sentín que o Burela era especial, e que supera calquera expectativa. Estando dentro, un entende de verdade iso de que o Burela non é un club de fútbol sala, é unha maneira de vivir.

O que vivín aquí é moi difícil de expresar, só me saen palabras de agradecemento.

Grazas a todos os que confiastes en min, espero que non vos defraudara. Grazas a todos os compañeiros cos que compartín vestiario. Durante esta etapa aprendín de cada un de vós, foi un pracer. Grazas á familia e aos amigos, por sufrir e gozar comigo, sen vós non podería ofrecer o mellor de min. E, sobre todo, moitas grazas ó club e á afección!! Grazas polo voso cariño, polo voso respecto, polo voso alento, desde o momento en que cheguei, ata o día en que me vou.

Hoxe acepto outro desafío. As despedidas sempre son tristes, pero, de verdade, síntome orgulloso, agradecido e feliz de ser un pataqueiro máis e de vivir estes grandes anos con vosoutros. Para min, inesquecibles.

Levarei sempre con orgullo o pertencer ó Burela F.S., equipo no que sempre soñei xogar desde que era un neno. Só espero que estivera á altura.

O Burela sempre estará no meu corazón... Ata pronto!