Llano: «Os cambios que facemos en Burela son polo ben común»

s. c. / d. g. BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

El alcalde burelense afirma que «antes cá política, está a ética»

19 may 2017 . Actualizado a las 20:47 h.

El alcalde, Alfredo Llano, asegura: «As obras que se levaron a cabo na avenida Arcadio Pardiñas foron feitas en beneficio de todo o pobo e nunca atendendo a intereses particulares». Y añade que en su comportamiento «sempre está antes a ética que a política».

«Eu vou ser claro -señalaba Llano- para que a xente do pobo me entenda perfectamente. O meu principio fundamental de comportamento é ética, sempre é a ética antes que a política. Fundamento todo o que podo facer baseándome na ética, naqueles principios que eu creo que deben ser os bos e servir para estar nun sitio público, incluso no meu traballo, na miña familia e cos meus amigos porque hai que ser solidarios. A solidariedade entra dentro da ética e é antes que a política».

Llano destaca: «Cando facemos algo desde o Concello, o grupo de goberno pensamos sempre no interese xeral e no ben común. Nunca pensamos para nada en actuacións individuais, non estamos aquí para atender cuestións individuais, non estamos para dar preferencia a un tema individual sobre un colectivo, nós sempre actuamos sobre o colectivo».

«Todo o que se fixo en Arcadio Pardiñas e no resto do pobo foi moita obra, levaba moitos anos sen ter tanta obra Burela en asfaltados, melloras e reposicións. Eu penso honestamente que estamos facendo unha labor que creo que lle debe corresponder a un grupo municipal, sempre atendendo ás necesidades do pobo e tratando de mellorar globalmente todo o que poidamos, tanto sexa en servizos sociais, en deportes, en cultura ou en obras, estamos actuando de maneira que procuramos facer unha boa labor para todos», repite el regidor.

«Procuraremos mellorar a situación tanto en Arcadio Pardiñas como en calquera outra rúa ou necesidade, sempre de acordo con estes principios, coa lei, a ética, o ben común e o interese xeral. Quero deixalo claro», manifestaba Llano.

«Non queremos a confrontación, queremos o beneficio pero de todo o pobo»

En otro momento Alfredo Llano aclaraba: «Nosoutros non queremos para nada a confrontación. Queremos que se entenda e respecte o noso proceder porque nunca hai de fondo nada malo, nin hai ningunha intencionalidade de prexuízo nin moito menos, senón que o único que hai é un interese enorme de beneficio, pero para o conxunto, para a poboación, para todo Burela».

«Procuraremos mellorar a situación sempre de acordo con estes principios, coa lei, a ética, o ben común e o interese xeral. Non estamos procurando molestar ou facer nada que prexudique. En Arcadio Pardiñas e en todas as rúas imos procurar dar as máximas vantaxes posibles para o comercio, para os particulares, para todo o mundo, sempre respectando a legalidade», concluía.