Gran festa da lingua e cultura galega en Ferreira

La Voz

A MARIÑA

17 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Un dos municipios da Mariña onde tamén lle dan pulo ás Letras Galegas é o de O Valadouro. A súa axenda, organizada dende a concellaría de Cultura, xa comezaría un día antes, onte, co espectáculo no que a contacontos Sole Felloza animou aos presentes a facer con ela unha viaxe polo «mundo» de Casares, «un universo creado a partir de feitos cotiás, que se volven máxicos nun intre». Hoxe, mércores, será o día grande cun festival que comezará ás 20.00 horas na Casa da Cultura que leva o nome de Manuel Lourenzo. Nesa gala en galego falará sobre Casares Lionel Rexes, actuarán as cantareiras de Amado Lar e A Adala infantil de Fazouro representará A rá que se quedou sen charco. A delegación municipal anima a participar «desta gran festa da lingua e cultura galega». Fagan caso!

Hoxe • 20.00 horas • Centro Sociocultural Manuel Lourenzo •