«Cando empecei non era moito de cervexa, agora pilleille o gusto»

Iván Díaz Rolle
I. DÍAZ ROLLE VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Só un alumno asturiano e outra catalana superaron ao xovense Iván Eijo no concurso nacional de tiraxe

13 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A boa actuación de Iván Eijo (Xove, 1998) no campionato galego de tiraxe de cervexa Estrella Galicia, onde rematou segundo, valeulle participar no certame nacional, o 25 de abril no Salón de Gourmets de Madrid. Alí tamén deixou ben alto pavillón mariñán e do IES de Foz un alumno que agora realiza as súas prácticas en Xixón. Foi terceiro, e gañou 150 euros e o seu peso en cervexa.

-Que tal foi a experiencia?

-Quedei moi contento. Éramos 20 de toda España. Había bo nivel.

-Que tiñan que facer?

-Na primeira rolda tirar tres cañas e na segunda tres cervexas de botellín. E despois os cinco mellores pasaban á rolda final na que tirábamos dúas cañas e servíamos unha botella de 1.906 ao xurado. Tíñamos un minuto e 25 segundos na primeira proba, e dous na segunda. Na última facíanche tamén preguntas teóricas.

-Que tipo de preguntas?

-Que leva a cervexa, como se fabrica... Preguntaban polas levaduras, os cereais...

-Como se tira unha boa cervexa?

-É moi importante escoller ben a copa. Despois hai que pasala polo mollacopas, facer o descarte -abrir o grifo e deixar caer a primeira gota-, e despois poñer a copa 45 graos e encher tres cuartas partes. Despois pechas o grifo e volvelo abrir un pouco ata que sae un fío de crema co que enches o vaso. E poñer o logotipo cara o cliente. Se non o facías xa te eliminaban.

-E aos que din que non lle queren «escuma»?

-Sen a crema, o gas da cervexa vaise. Cunha capa de crema tarda máis en irse, e a caña disfrútase igual ao principio e ao final.

-É importante ter bebidas moitas cañas para saber botalas?

-Eu cando empecei non era moito de cervexa, pero agora pilleille o gusto.