«Arredor dun 90% das empresas de Xove asociadas participa na Festa das Flores»

La Voz

A MARIÑA

. xaime f. ramallal

A cita comezará mañá cun acto cultural e música por parte de Joni Ramos e Ménage a Troix

11 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá e sábado • Venres, a partir das 20.30 horas • Sábado, todo o día, en Chao da Aldea • Xove prepárase para gozar da primavera con festa. Dan a benvida á estación coa das Flores ou tamén chamada antes (facía medio século que non se celebraba antes da recuperación actual por parte de Aciam, que a segue a impulsar) das Fillas de María.

-Mudou de nome a festa.

-Si. Empezaron a chamarlle Festa das Fillas de María pero quedaba un pouco raro e pasamos a chamarlle como era tamén antigamente, Festa das Flores. A das Fillas de María era unha tradición e a ela ían os solteiros e solteiras.

-Dende hai uns anos a cita extendeuse á xornada do venres.

-O ano pasado xa o fixeramos así. Dende que collín a presidencia de Aciam facemos tamén esa xornada. A razón era que a xente se xuntaba para montar todo o que é o mercado tradicional do día seguinte, querían que houbera onde comer e onde tomar algo. Ademáis, o vernes coincide tamén cos nosos Venres de Tapeo. Ese día está máis enfocado á xente nova. As actuacións están pensadas neles, máis tipo de conciertos.

-Chama a atención a cantidad de empresas locais que aportan o seu gran de area á cita.

-Como presidente da Aciam Xove quero que se resalte que das nosas empresas asociadas participan nun 90%, voluntariamente ademáis. Anotáronse como patrocinadores e colaboradores. Ten que ver con que a xente se involucra e se ve que ti tamén te involucras, os demáis van detrás. A xente quere que se fagan cousas. A participación en xeneral é boísima. En Xove somos moi unidos, tanto para cousas festivas como serias.

-Este ano estrean un deseño atractivo e colorista no carel e poñen á venda unha bolsa oficial, que se pode mercar no Concello e negocios asociados.

-A venta da bolsa é a modo de recaudación, como unha axuda para a festa. O Concello de Xove, teño que dicir, tamén colabora loxística e económicamente. Por parte da Aciam Xove hai que dárlle as grazas. Pero a título perosal como presidente da asociación de comerciantes quero dar as grazas ao grupo de traballo que se formou porue realmente eles son os que están a levar a cabo a festa: Rubén Pico, Carlos Calvo, Marta Louzao, Rosa Lage, Iria Lage, Fabián Ben e Beatriz Irigoyen.

Mañá intervirán Marica Campo, Eduardo R. Basanta e Víctor Rolle, ás 20.30 horas, a actuarán ás 22.30 Joni Ramos e Menage à Troix. O sábado será intenso, dende as 11.00, todo o día. O programa da xornada principal inclúe pasarrúas a cargo de Saíñas, ofrendas tradicionais á Virxe María, misa cantada polo coro Louvanzas Novas, procesión, sesión vermú pola banda O Landro, xantar popular, gymkana, «Quen non baila, anima» e actuacións do dúo Eclipse, Ricardo Parada e DJ Karras. Ademáis, xogos populares no atrio da igrexa e exposición de fotos doutras edicións da cita xovense.