«O noso público pídenos comedia»

Inmaculada Eiroá González
inma eiroá ALFOZ / LA VOZ

A MARIÑA

Presentou un libro que recolle 20 das arredor de 60 obras teatrais que leva escrito

18 abr 2017 . Actualizado a las 16:51 h.

Xosé Vázquez Peinó (Lugo 27/10/68) leva 27 anos asentado na Mariña, traballando como profesor en Alfoz. Alí presentou onte o seu libro Vinte obras de teatro afeccionado, onde recolle algunhas das obras que escribiu.

-¿O teatro é a súa paixón?

-Eu teño varias paixóns, pero creo que a que tiven dende sempre foi a de escribir, dáme igual o qué, pero escribir novela, de todo. E o teatro, como en Alfoz me deron a oportunidade de escribir para un grupo do que formaba parte, empecei aí a escribir para o Instituto e para Raiolas. Pero doutras cousas xa escribía dende cativo e cada día me apaixona máis. Incluso me gusta máis a novela, creo eu as historias para min mesmo, mentres que no teatro tes que estar pensando nunha escenificación, que hai moitos condicionantes, que pode non haber sitio para determinadas cousas, non hai os actores...A novela encántame.

-No libro recompila obras de teatro

-Si, recompilo vinte obras. De Raiolas hai cinco, do grupo de instituto hai oito, da Maseira, tres, outra do Centiño e algunhas máis soltas. O que fixen foi seleccionar un pouco de cada grupo, das moitas que tiña, que son case vinte anos escribindo, para que representaran a tódolos grupos. Coa idea de dalas a coñecer e se conservaran e si a alguén lle gustan, que as aproveite, ó estar publicalas, que as poida representar.

-¿Por que fai comedia?

-Iso está clarísimo, xa o temos falado os compañeiros de teatro, porque o teatro que nós facemos, o publico que temos, nos pide comedia. Pode ir ver outro tipo de teatro, pero acaba saíndo mal agosto, desconforme, un pouco defraudado. No teatro popular o que busca o público é rirse. (...)

-¿É traballoso sacar unha obra?

-Si, é como facer un crebacabezas porque temos un montón de condicionantes. Primeiro, escribir para un número determinado de actores, escríbelo pensando en cada actor, tes que pensar que vas representar en escenarios cativos que case non che colle o decorado, enfrontar a determinados actores que che forman unha parella cómica axeitada, que cada un teña un tempo debido, tes que combinar todo iso e ó mesmo tempo facer unha trama que teña sentido, sexa divertida e que transmita algo...Tes que darlle moitas voltas á cabeza...

-¿Vostede triunfa?

-En moitos sitios si, depende. Pódoche contar que nalgún acto temos actuado para dúas persoas nada máis. En cambio noutros é unha apoteoses, a xente ríndose e que non colle. Aí é onde realmente te animas a facelo. (...)

-¿Un momento especialmente gratificante?

-Cando a xente se ri, estala en aplausos, enche a sala. E si queres un sitio concreto, en Ferreira, na Semana do Teatro, eramos o grupo local, Raiolas. Nalgún ano foi emocionante. Recordo unha vez Cachín que chegaba tarde e representaba A Pedreira e case non daba entrado; a xente enchía a sala, chegaba á calle...E logo eses aplausos, esas risas, o que se chama contactar co público.

-Ademais vostede é actor

-Si, son actor, dende que empezou o grupo empecei a actuar. Sempre digo que nunca pensei que me dedicara a actuar, porque son bastante tímido, pero unha vez que empezas e sentes ese calor do público, penso que a calquera de nós nos resulta imposible deixalo, crea adición, por así dicilo.

-¿Unha persoa que admire?

-No teatro? Admiro a Manuel Lourenzo; co prestixio que ten, sempre nos deu ánimos e consellos e tense rebaixado por dicilo así a actuar con nós. E o que máis admiro e a Cachín, o meu compañeiro e amigo que é un fenómeno da interpretación. Porque é tímido e humilde non ten triunfado. Merecía estar moi arriba nesto da interpretación.