«As Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz son un xogo, máis ca unha competición»

La Voz

A MARIÑA

PEPA LOSADA

A cuarta edición comezará este sábado coas probas deportivas, nas que se introduce unha novidade, a pesca

30 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Sábado 1 • 18.00 horas • Pavillón Municipal • Inscrición nas probas deportivas, ata hoxe • As parroquias de Alfoz deixarán de lado neste mes de abril, so os sábados, a amizade veciñal para enfrontarse como rivais nas IV Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz que organiza o Concello alfocense, a través da delegación municipal de Xabier Pardiñas, Cultura e Turismo. Arrancan este 1 de abril coas probas deportivas, colaborando o Clube de Tiro Castelarco e O Castelo. Competirán en fútbol 3x3, tiro con arco, baloncesto 3x3 e pesca.

-Xa preparado?

-A min tócame bastante. As Olimpíadas dan bastante que facer porque aparte de ter que coordinar con todas as parroquias para que as probas sexan do gusto de todos, pois cada ano vanse cambiando e nos últimos dous anos intentamos que fosen de acordo cos capitáns de cada parroquia, hai que preparar as probas. Esta fin de semana empezan coas deportivas. Xa houbo que cambiar unha delas, a de pesca. Vai ser diferente a como en principio se tiña previsto. Falando coa asociación de pescadores, considerouse que eles, como grandes defensores da pesca sen morte que son, non consideraban oportuno que fixeramos pesca con morte. Cambiámola por unha proba de habilidade, facendo lanzamentos cunha cucharilla a un recipiente a unha distancia. Nos coordinamos con todas as parroquias. Algúns non atopan xente suficiente e axudámoslles. Intentamos que as parroquias sexan o máis competitivas posibles aínda que o que pretendemos é sobre todo pasalo ben.

-Bueno, creo que certa rivalidade entre poboacións veciñas sempre existiu, non cre?

-Na primeira xornada ao mellor non pero cando van vendo a puntuacións nas últimas convocatorias, aí xa empeza a rivalidade. Pero é sana. De feito parte das probas que se cambiaron foi para eliminar exceso de rivalidade e que as Olimpíadas Interparroquiais foran máis un xogo que unha competición.

-Coa que está caendo no rural, co tema das patacas, non lles deu para «inventar» algo?

-(Ri) Pois teño que dicir que fomos pioneiros no tema da pataca porque o ano pasado, na proba artística, na que cada parroquia fai dentro de teatro, música, audiovisual... o que quere, sen regras determinadas, so a do tempo que son 12 minutos, a gañadora, a de Carballido, fixo un vídeo musical que era unha imaxe gravada con anterioridade ás probas pero música en directo. Falaban do problema da polilla guatemalteca... Foi moi divertido. Gañaron co vídeo O bicho da pataca.