Imagen:

Fotos gañadoras do Día do Pai en Ribadeo

Máis de corenta imaxes competiron no concurso convocado por Acisa


RIBADEO / LA VOZ

Máis de corenta imaxes participaron no Concurso Fotográfico Día do Pai de Acisa, que se desenvolveu nas redes sociais do 3 ao 19 deste mes. E máis de 1.400 persoas votaron para elixir á mellor foto. A que reuniu máis votos en facebook, un total de 378, foi a titulada Sempre ao meu carón, de Arantxa Penedo, que recibirá 100 euros en vales de compra.

Reunido o xurado, formado por directivos de Acisa (David Martínez, presidente, e Juan Andina, vicepresidente) e por fotógrafos profesionais (Foto Miguel y ElFarero Audiovisuales) para emitir o seu veredicto. O primeiro premio, dotado con 200 euros en vales de compra de Acisa, foi para a foto Abrázame, de Alberto González Villanueva; o segundo premio foi para ¿Bailamos”, de María del Carmen Fernández López, que levará 150 euros en vales de compra; e o terceiro premio, que recibirá un agasallo de 100 en vales de compra, foi para Amor cómplice, de Ana Fernández Gómez. Acisa dá os parabéns ás/aos gañadores/as.

Votación
4 votos
Etiquetas
Fotografía A Mariña Ribadeo
Comentarios