«Dinnos que ?turutamos? superben»

Inmaculada Eiroá González
inma eiroá ALFOZ / LA VOZ

A MARIÑA

O grupo, mesmo un rapaz que trouxo a máquina de avoa da moza, encárgase de preparar os complementos

21 feb 2017 . Actualizado a las 21:37 h.

Conta atrás para os entroideiros do mundo, tamén para a comparsa Os Fandangueiros, de Alfoz, que afronta este terceira ano de vida coa esperanza de ter superado esa primeira etapa na que parece máis doado sufrir erros de novato. Pero iso non quita o traballo de poñer todo a punto.

Os 24 membros do grupo aceleran os ensaios, con tres sesións por semana de dúas horas de duración cada unha. Os traxes, un segredo, coseullos unha costureira da zona, pero do tocado, complementos e preparación do material que levan encárganse eles mesmos. Segundo explica Nayara Paz, secretaria da directiva dos Fandangueiros e perruqueira de profesión, «temos ata un rapaz que cose, trouxo a máquina da avoa da moza, desas que funcionan a manivela». No seu caso, anda a cen por hora, co negocio, o coche e mesmo a casa, convertidas nunha extensión da comparsa e do local que lles presta o Concello para ensaiar e reunirse. Pero traballa todo o mundo, facendo actividades para recadar fondos (unha ruta a cabalo, torneo de fútbolín, cena, ruta de bici de montaña...). Así animan tamén a vidiña do concello durante todo o ano. Este Entroido estrearanse o 24 no desfile de Vegadeo, seguindo logo cos de Foz, Ferreira, Alfoz, San Cosme, Mondoñedo, Lourenzá e Trabada. «Nos din que turutamos superben», conta Nayara, contenta polo bos momentos que lles permite pasar a comparsa: «Hai días que quedamos para ensaiar e xa levamos algo para comer todos xuntos». Mesmo teñen amizade con xente doutras comparsas e con algunhas, moita colaboración. Queda pendente unha canción pero, «co nome de Fandangueiros é difícil facer rimas».