Viveiro albergará o Correlingua o 9 de maio


viveiro / la voz

Esta semana perfiláronse as actividades do vindeiro Correlingua en Viveiro, onde se celebrará o 9 de maio unha actividade que «pretende pór en valor a lingua propia de Galiza», como subliña a coordinadora na Mariña Dores Fernández Abel. «Prevese unha alta participación -dixo-, tanto de infantil e primaria como de secundaria». Será a cita do terceiro trimestre escolar, despois de que no primeiro se iniciase o programa publicando o lema, que é «En galego, sen cancelas», e se abrise a convocatoria de concursos como o de «cantalingua», vídeo, manifesto e banda deseñada, mentres que no segundo trimestre, o actual, ao alumnado tócalle elaborar propostas.

Nunha reunión na Casa do Concello viveirense, representantes dos Equipos de Normalización Lingüística dos centros locais, da CIG-Ensino e da Mesa pola Normalización Lingüística coa alcaldesa, María Loureiro. Falaron do itinerario, actuacións musicais, premios e seguridad. Fernández Abel agradeceu o esforzo dos colaboradores.

Votación
0 votos
Comentarios