«A Mariña lévase a palma en afectados polas cláusulas chan, hai un maior número»


/ la voz

Patricio Viveiro Fernández impartiu varias charlas pola provincia para informar aos afectados sobre o contido da sentenza do Tribunal de Xustiza da UE, para explicar as consecuencias económicas do fallo xudicial e as vías para reclamarlle aos bancos a devolución do diñeiro cobrado de máis aos clientes. Viveiro, asesor xurídico de Con Lupa, a Asociación Cidadá contra a Letra Pequena, está pendente do real decreto mentres continúa tramitando ducias de reclamacións.

 

-¿Cal é o primeiro paso que debe dar o afectado?

-O primeiro é cuantificar o que se pagou de máis para iniciar unha reclamación extraxudicial. Si hai sistema de mediación, acudir a el, ou senón estudar outras vías. En último caso, a xudicial. É importante presentar unha reclamación escrita para darlle visibilidade ao problema. Ademais de reclamar extraducialmente pódese recurrir ao sistema de conciliación xudicial con carácter previo.

-¿Xa recurriu a este sistema?

-Xa desde a sentenza do Tribunal Supremo e sempre con bos resultados. Tiven precisamente esta semana un caso en Lugo dun edificio enteiro de propietarios afectados pola subrogación do préstamo hipotecario do construtor. A entidade bancaria devólvelles a totalidade do diñeiro aos propietarios, uns vinte.

-¿Cando se asinaron a maioría das hipotecas que agora se están revisando?

-Estes contratos con este clausulado foron xeralizados principalmente entre o 2000 e o 2012.

-Foron anos nos que A Mariña viviu un bum inmobiliario...

-Na Mariña edificouse e comprouse moita vivenda, como en Lugo cidade. Podemos dicir que A Mariña lévase a palma en afectados polas claúsulas chan, numericamente hai un maior número de casos.

-Nestes días terá visto casos máis espectaculares que outros...

-Aínda que a media do tipo mínimo fixado ronda o 3 %, hai sucursales na Mariña que fixaron o tipo mínimo no 5 % ou 5,25 %.

-¿Cal é a hipoteca media suscrita na comarca?

-Duns 100.000 euros. Depende dos casos, pero cunha hipoteca por este importe o afectado debía recuperar uns 700 euros ao ano.

Votación
1 votos
Etiquetas
A Mariña Hipotecas Conciliación Tribunal Supremo Unión Europea
Comentarios