«Premiaremos aos maiores máis bailaríns e guapos»

y. g.

A MARIÑA

. PEPA LOSADA

Este domingo será a gala de recadación de fondos na que se elixirán o Miss e Míster da Terceira Idade da Mariña

09 dic 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Domingo 11 • De 17.30 a 21.00 horas • Disco Pub Flora (Area-Viveiro) • Non é necesaria inscrición previa • Este domingo terá lugar no Disco Pub Flora de Area (Viveiro) a gala pro-recadación de fondos (pretenden chegar aos 2.000 euros) para facer un monumento aos mariñeiros en Covas, iniciativa que promove o viveirense José Manuel Chaves Pupo. O máis chamativo da cita é que se elixirán a Miss e o Míster da Terceira Idade da Mariña. Chaves indicou onte que a recadación vai regular («300 euros e gastado 390», informa dende o seu Facebook).

-Hai que ter unha idade para ir á gala deste domingo?

-Pode ir quen queira só que os premios si son para os xubilados. Darémosllos aos máis maiores, aos mellores bailaríns e aos máis guapos. Xa fixen algo parecido no Club de Xubilados de Covas.

-Presumen máis eles ou elas?

-¡Eles, eles...! O último Míster foi o pai de Paco o perruqueiro. Estaba tan nervioso que pillou o trofeo de Miss en vez de Míster e tívoo un ano na casa sen enterarse. Algunha xente maior so se ponguapa para ir aos enterros e ás comuñóns dos netos...

-Quen vai facer de xurado?

-Quería que fora un representante de cada municipio.

-O obxectivo da gala é recadar fondos para o monumento.

-Si, pero aparte de recadar cartos tamén quero que a xente se divirta. Por iso estou xuntando regalos para sortear. Teño entre 40 e 50. Onte déronme un galo de Mos.

-Vivo?

-Si, ¡vivo! Paco o perruqueiro donounos un corte de pelo, tamén temos unhas 6 friameiras, unhas 20 botellas de viño, uns 12 paraugas, vasos... Tamén temos outra forma de colaborar, un tipo de porra, marcando un teléfono e un número, en locais de hostalería. Sorteamos cea para 4 e zocos de Elena Ferro.

-Como vai o proxecto?

-Miramos cun canteiro de Mondoñedo, Fernando Vilariño, e imos ir á feira da Pontenova. Tamén falamos cos cines para proxectar unha película rodada en viveiro.