Pleno para suprimir barreras arquitectónicas en San Cibrao

La Voz CERVO / LA VOZ

A MARIÑA

O Concello aprobou un investimento de 94.000 euros

01 dic 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Cervo aprobou onte nun pleno extraordinario e urxente un trámite para o inicio do proxecto de mellora da accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas en varias zonas de San Ciprián. Ten un investimento de máis de 94.000 euros e a urxencia vén dada porque hai que adxudicala e iniciar as obras antes de que remate este mesmo ano, tal como sinalou o alcalde de Cervo, Alfonso Villares.