«A colleita de faba vai ser escasa»

A.Pérez / s.c. LOURENZÁ / LA VOZ

A MARIÑA

pepa losada

A Cooperativa Terras da Mariña continúa a traballar na súa internacionalización

28 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A Cooperativa Terras da Mariña, presidida por Xosé Cuadrado, participará nunha nova edición de Galician Gourmet Extravaganza. Nesta ocasión levarán o seu produto da IXP Faba de Lourenzá ata Londres. Unha actividade que se desenvolverá do día 3 ó 7 de outubro.

-¿Cantos produtores forman nestes momentos a cooperativa?

-Vinte produtores participan en Terras da Mariña, cun total de 39 hectáreas.

-¿A que concellos pertencen?

-Dos vinte, oito ou nove pertencen a Lourenzá, o resto ós concellos da Mariña.

-¿En que concellos se pode producir a faba dentro da IXP Faba de Lourenzá?

-A Indicación Xeográfica Protexida abarca ós quince concellos de A Mariña.

-¿A que produción chegaron na pasada campaña?

-Recollemos entre 20 e 25 toneladas.

-¿Que expectativas teñen para a colleita de este ano?

-Vai ser escasa. O ano pasado xa houbo pouca, pero este ano debido á seca, aínda haberá menos. Esperemos que o tempo axude para a recollida.

-¿Cando pensan que á poderían rematar?

-Está moi atrasada polo tempo. Aínda non se empezou a recoller ningunha en seco. Calculo que sobre novembro estará rematada.

-¿Cal é o principal mercado da faba de Lourenzá?

-No mercado a granel, dos domingos, os principais clientes veñen de Asturias. Mentres que como cooperativa, estamos a dirixirnos ó mercado internacional e ó mercado gourmet e delicatessen. En Galicia quedaría unha pequena parte da produción.

-¿Tratan de abrir o produto a novos mercados?

-Estamos a traballar nun plan de internacionalización a través do programa Galician Gourmet Extravaganza.

-¿En qué consiste este proxecto?

-É unha iniciativa que nos axuda a dar visibilidade ós nosos produtos no estranxeiro.

-¿Onde foron en anteriores edicións?

-Xa estivemos en Bruxelas e Berlín. E o vindeiro 3 de outubro iremos a Londres.

-¿Axudoulles o feito de ter participado nas dúas edicións anteriores?

-Si que nos axudou. Fanse contactos, ensinas o produto a nivel europeo, sempre é interesante. A procura de novos clientes sempre é interesante.

-¿Como afecta na internacionalización do produto o seu transporte?

-Polo menos, a faba non ten que transportarse en envíos refrixerados. Pero si atopamos certos problemas loxísticos. Depende tamén co tipo de intermediario co que se trate.

-¿Qué teñen preparado para a Feira da Faba do vindeiro fin de semana en Lourenzá?

-Teremos instalado un stand no que se poderá desfrutar a degustación dos nosos produtos. Presentaremos a nova oferta en conserva, as cales están a ter unha boa aceptación.

-Comercializan conservas empregando como base a faba.

-Ademáis da venta de faba dun xeito tradicional ofrecemos unha variedade de elaborados en conserva. Trátase de latas de conservas de 400 e 800 gramos.

-¿Qué tipo de receitas introduciron nesta nova oferta?

-Son latas listas para o consumo. Preparamos Fabas de Lourenzá con bacallao, setas e polbo. Con introducir a lata dez ou quince minutos ó baño maría xa estaría preparada e l istapara o seu consumo.

«A colleita deste ano está moi atrasada. Aínda non recollemos ningunha en seco»

«Elaboramos latas en conserva de fabas con bacallao, setas e pulpo, listas para o consumo»