Carmen G. Mon, nova xefa de Admisión e Documentación Clínica do hospital

La Voz BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

A súa experiencia profesional no ámbito do Servizo Galego de Saúde iniciouna ao finalizar os seus estudos en 1985

28 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O Servizo de Admisión e Documentación Clínica do Hospital da Costa de Burela estará dirixido a partir de agora pola doutora Carmen González Mon, que se converte na nova responsable deste importante servizo hospitalario. A adxudicación do posto de xefa do Servizo de Admisión e Documentación Clínica correspondeu a un tribunal especializado. O seu nomeamento publicarase de xeito oficial no Diario Oficial de Galicia, tal e como é preceptivo.

A nova xefa do Servizo de Admisión e Documentación Clínica, Carmen González Mon, licenciouse en Medicina e Cirurxía no ano 1985 pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa experiencia profesional no ámbito do Servizo Galego de Saúde iniciouna ao finalizar os seus estudos en 1985 como médico xeral, incorporándose anos máis tarde ao Servizo de Admisión e Documentación Clínica do Hospital da Costa que agora vai dirixir.

A doutora González Mon completou a súa formación con distintos cursos de xestión clínica e de experto en admisión e documentación clínica, entre outros.

O Servizo de Admisión e Documentación Clínica é unha unidade moi importante na estrutura de calquera centro hospitalario, xa que se ocupa da xestión, organización e avaliación dos procesos asistenciais e da información que estes xeneran. É un servizo multidisciplinar, integrado non só por médicos senón por outro persoal.

Entre principais funcións deste departamento hospitalario figuran a xestión de pacientes (xestionando o fluxo de pacientes polos distintos servizos do hospital); xestión da documentación clínica (o servizo é responsable da organización e xestión de toda a información clínica xerada ao largo dos sucesivos procesos asistenciais).