Foz celebrará este sábado o Día da Bicicleta e recollerán produtos para o Banco de Alimentos

La Voz FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

Partirán del parque infantil de tráfico

21 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Foz celebra a décimo primeira edición do Día da Bici organizado polo Concello este sábado, día 24, cun percorrido desde o parque infantil de Tráfico ata a praia da Pampillosa e regreso ao punto de partida.

Desde o Concello focense explicaron que será «unha xornada festiva na que maiores e pequenos/as comparten o gusto polo deporte, facendo un percorrido desde o Parque Infantil de Tráfico (PIT) ata a praia da Pampillosa, onde repoñerán forzas con froita e bocadillos, para regresar ao PIT. Este ano poderán pedalear entre a praia da Rapadoira e a de Llas polo carril bici. Para que todo saia ben velarán pola seguridade de todos/as os/as participantes a Policía Local e a agrupación de Protección Civil de Foz. A inscrición é gratuíta. Tan só deberán entregar 1 quilogramo de produtos para o Banco de Alimentos. Os produtos de máis necesidade neste momento son: leite, azucre, aceite, tomate frito, lentellas, atún e cacao, así como produtos de hixiene tanto doméstica como de aseo persoal», explican desde o concello.

Ademais «para inscribirse poden acudir á Casa da Xuventude ata o 23 de setembro ou ao Parque Infantil de Tráfico o sábado 24, desde as 15 horas ás 15:45. Ás 16 horas darase inicio á marcha. Teremos premios para a bicicleta mellor engalanada, o mellor disfraz, o máis novo/a e para o máis veterano/a. Haberá agasallos e algunha sorpresa. Para poder levar a cabo un ano máis este Día da Bici contamos coa colaboración do Club Ciclista Foz, Living Sport, Froiz, Gadis, Frutas Morriña e Motos Baltasar»