O PSOE pide que se celebre de inmediato a subasta eléctrica para aclarar o futuro de Alcoa

La Voz CERVO / LA VOZ

A MARIÑA

x.r.

Luis Álvarez celebrou unha xuntanza co comité de empresa

17 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O candidato autonómico do PSdeG-PSOE pola provincia de Lugo, Luis Álvarez; o eurodeputado socialista, José Blanco; a deputada lucense no Congreso, Margarita Perez; o senador por Lugo, Ricardo Varela; o voceiro socialista de Cervo, Francisco Urbano, xunto a outros membros da candidatura e representantes socialistas, mantiveron unha reunión co comité de empresa de Alcoa «para abordar as problemáticas que arrastran as dúas fábricas e que se acrecentan coa incertidume dun futuro incerto».

Os socialistas trasladaron o seu apoio ante as dúas máximas preocupacións dos traballadores da empresa na actualidade: «a subasta eléctrica e o futuro das fábricas». O cabeza de lista para as autonómicas na provincia de Lugo, Luis Álvarez, instou «ao Goberno para que se leve a cabo de xeito inmediato a subasta eléctrica para garantir o futuro de Alcoa».

Hoxe ás 20 h hai un mitin do PSOE na Casa de Cultura de Foz, co candidato lucense ao Parlamento, Luís Álvarez Martínez, Val Alonso, e Darío Campos.