«En Actividades Físicas e Enfermería temos lista de espera, vén xente doutras provincias»

María Cuadrado Fernández
m. cuadrado BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

xaime f. ramallal

Díaz García tomou o mando do instituto burelense o pasado día 1 deste mes, cun renovado equipo directivo

08 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Luis María Díaz é novo director do IES Monte Castelo de Burela. Sucede no cargo a María Inés García. Co nomeamento de Díaz también se produciu unha renovación no equipo directivo. Antes de asumir o posto de directivo, Luis María Díaz exercía como profesor de Formación e Orientación Laboral (FOL).

-¿Como queda integrada directiva?

-Como vicedirector, Salvador López; como xefas de estudos Manuela García e Susana Bayón (de adultos) e como secretario continúa Manuel Pérez.

-A poucos días de que comece o curso (o día 15), ¿o nomeamento do novo equipo implicará cambios importantes no centro?

-Non, buscamos a continuidade na xestión. Queremos que o centro siga traballando na mesma liña e que todo siga con normalidade.

-No centro que dirixe impártense dous dos ciclos formativos que figuran na relación dos que máis demanda teñen en Galicia...

-O ciclo de Coidados Auxiliares de Enfermería ten moita demanda e, aínda que temos dous ciclos, para o da mañá hai listas de agarda e, para o de tarde, tamén está a matrícula completa. E logo temos o de Actividades Físicas, con trinta prazas. Desde xa hai bastantes anos este ciclo ten lista de agarda. Hai moita xente de fóra da comarca. En Actividades Físicas, incluso vén xente doutras provincias. En Saúde Ambiental, tamén se incrementou a demanda.

-¿E xa saben cando comezarán as obras na cuberta do instituto?

-Sabemos que a intención é facer a obra ao longo deste ano, pero non temos datas concretas.