Naseiro acaba, pero con «asignaturas pendientes»

Y.G. VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

La comisión insta a mejorar en comunicación y limpieza

31 ago 2016 . Actualizado a las 13:00 h.

Ayer acababa la Romaxe do Bo Xantar en Viveiro, aún con bastante ambiente tratándose del último día que cerraba cinco de juerga sin parar. Aunque la fiesta terminó, queda por hacer. Lo más importante ahora, tratar de que el recinto quede como estaba. Desde la comisión organizadora se dan 5 días para desmontar casetas y chiringuitos, avisó el presidente Luis Bernárdez.

«Máis cultura de limpeza e a comunicación -señaló a modo de balance- son as asignaturas pendentes de Naseiro». Vuelve a echar en falta mayor concienciación medioambiental: «Cando terminaba a sesión vermú e a verbena, o campo aparecía inundado de botellas. Catro días, por limpalo dúas veces ao día, custa 900 euros». Lamentó ver gente que tiraba la basura directamente al suelo «e cos contenedores a 15 metros», dijo, subrayando el riesgo que eso podría suponer para el resto de los romeros.

También «hai que resolver» el tema de las comunicaciones: «Este ano fatal, fatal a cobertura de telefonía». «Para a comisión peor -indicó- porque precisamos de seis walkies talkies para cubrir a zona con policía, Cruz Vermella e Garda Civil». «A ver se o ano que vén podemos facer presión sobre todo por cuestións de seguridade», insistió Bernárdez.

«A ver se somos capaces de ir eliminando o pechado negro»

Naseiro chegou ao seu fin, con arredor de 400 mesas reservadas este ano. É hora de balance pero tamén de agradecementos por parte da comisión que preside Luis Bernárdez, quen sinte o Naseiro «coma o que máis», di. Las colaboraciones de Concello de Viveiro, Xunta (Turismo), Deputación de Lugo, policías (local, autonómica y nacional), Cruz Vermella e Protección Civil «chapeau», subraia.

-¿Cando colleu a presidencia?

-Son presidente dende hai tres anos, cando Naseiro estaba en declive e había que recuperalo. Levo vindo 38 anos á festa.

-Sempre hai que mellorar pero unha das críticas máis escoitadas é a do uso de toldos negros.

-Xa no saúda do libro co programa das festas pido a ver se somos capaces de ir eliminando o pechado negro. O espírito de Naseiro non é estar pechados. Pídolle á xente que se quere manter isto que colabore(...). Outra cousa, cando imos pedir por establecementos, sobre todo ás áreas grandes de alimentación, por exemplo, en xeral aportan o mínimo. De seguir así, creo que Naseiro está ferido de morte economicamente. De feito, os postos do campo dinnos que as ventas baixaron. A xente leva a súa propia comida para as mesas e o vexo ben, pero imos vendendo rifas e temos a metade sen vender. O presuposto é de 70.000 euros pero falamos dunha festa que atrae a 15.000 ou 16.000 persoas.

-Insiste moito en respectar e coidar o entorno, un ano máis.

-Son inimigo acérrimo de que queda algo por aí despois da festa. Este ano, ademais, conseguimos todos os permisos oficiais, de Augas de Galicia, e fixemos os plans de seguridade e emerxencia. Limpar Naseiro supón en total entre tres e catro mil euros.

-Sen incidencias graves, ¿non?

-Temos moita sorte. Non sei quen é o protector de Naseiro. Deben ser a Virxe dos Remedios e san Roque. Sempre digo que se se bebe non se conduza. Temos servizo de bus e máis non podemos facer. Tamén temos unha colaboración superextraordinaria coas policías, con algúns axentes de paisano, e conseguimos evitar conatos de follóns. Son crítico co que é criticable e ten solución pero teño que dicir que Naseiro, como romaría, é unha marabilla. De 10, á festa doulle un 8.5 pero hai que pulir detalliños.