A Deputación asume os 500.000 euros que adebeda a Xunta para a residencia de Ribadeo

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

Darío Campos trasladoulle a nova a Fernando Suárez

30 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A Deputación aprobou este venres na xunta de Goberno asumir os 500.000 euros que adebeda a Xunta á residencia de Ribadeo, tal e como o solicitaron os veciños. Así llelo trasladou onte o presidente, Darío Campos, nun encontro na localidade ribadense, a representantes da Plataforma de Veciños en defensa da Residencia de Ribadeo; ao alcalde, Fernando Suárez, e a membros de todos os grupos do corporación municipal, agás o PP que declinou esta invitación.

«Comprometinme a buscar unha solución se a administración autonómica non cumpría. Hoxe aprobamos conceder ese medio millón de euros, pois dende a Deputación cremos que este centro de maiores é moi necesario para Ribadeo», sinalou Darío Campos.