Ribadeo aproba os festivos locais e debate sobre un plan de tráfico e pago a proveedores

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

«Haberá cambios coa nova residencia de maiores cando abra, pero o de instalar máis semáforos, haberá que estudalo», di Suárez

28 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O vindeiro ano serán festivos locais en Ribadeo os días 16 de agosto e 8 de setembro. Así se acordou no pleno ordinario celebrado onte. Tamén se aprobou por unanimidade que Ribadeo se integre na asociación Terras de Miranda. A renuncia do concelleiro socialista Roberto Ramos foi outro punto da sesión, así como os prazos de pago aos provedores. «Estamos aproximadamente en quince días de período medio de pago desde que se aproban as facturas», explicaba o alcalde Fernando Suárez.

A corporación tamén someteu a debate un novo plan de tráfico, a proposta do PSOE, pero o goberno local entende que non é o momento; «haberá cambios coa nova residencia de maiores cando abra, pero o de instalar máis semáforos, haberá que estudalo».