Mondoñedo adopta medidas de seguridade para o Mercado Medieval

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

Coa empresa da enerxía eléctrica estudouse qué facer se acontece algún incidente como o das últimas San Lucas

28 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, presidiu tamén onte xunto ao concelleiro de Servizos Sociais, José Otero Rejes, a mesa técnica para garantir a seguridade no XXV Mercado Medieval que se vai celebrar na localidade entre os días 12 e 14 de agosto.

Na reunión participaron ademais membros de Protección Civil, da Policía Local, bombeiros, o técnico de turismo municipal e a empresa subministradora de luz. Todos eles axudaron na elaboración dun plan de actuación en caso de incendio ou no caso de ter que atender outras incidencias. Tratáronse tamén as actuacións a levar a cabo en caso de emerxencia. En concreto, coa empresa da enerxía eléctrica estudouse qué facer se acontece algún incidente como o producido nas últimas San Lucas.