Carta do comité de Alcoa a Feijoo

Xosé Paleo, presidente do comité de Alcoa San Cibrao

A MARIÑA

22 jun 2016 . Actualizado a las 17:52 h.

comité de emmpresa do centro de traballo de Alúmina/Aluminio en San Cibrao estamos moi preocupados pola situación de incerteza na que está o sector da produción básica do Aluminio en Galiza co anuncio de ALCOA de por en venda as súas fábricas. Esta situación é consecuencia do nefasto sistema tarifario da enerxía eléctrica e concretamente da poxa pola interrumpibilidade. O futuro do sector do alumino está en xogo. E con el o futuro da Mariña, ao ser este é un dos motores socio-económicos fundamentais no tecido industrial da comarca.

O sistema actual de poxa ten demostrado non ser valido para garantir o futuro desta industria. Primeiro por que, a diferenza do que ocorre con outras industrias, a electricidade supón ata o 45% dos custes totais de produción do Aluminio impedíndonos participar na poxa en igualdade de condicións con outras que teñen moito máis marxe para baixar o prezo. E segundo pola inestabilidade que supón o carácter anual desta poxa que limita as inversións só a aquelas que son amortizables nun ano e dificulta a conservación de clientes.

Estes son os motivos polos que o Comité de Empresa de San Cibrao xunto con o da Coruña solicitará por escrito en Compostela o próximo xoves unha reunión co presidente da Xunta.

O No escrito instamos á administración para que entre como socio inversor determinante nesta industria e interveña activamente neste proceso asegurando así a viabilidade das fábricas e a unidade do centro de San Cibrao, incluíndo a planta de Alúmina. Tamén vemos urxente que se concrete e acelere a poxa pola interrumpibilidade do ano 2016 como medida de supervivencia a moi curto prazo e que no vindeiro ano se desenrole un sistema tarifario previsible estable e competitivo que substituía á actual poxa pola interrumpibilidade.

Neste sentido dende San Cibrao apostamos, ademais, pola creación dunha tarifa eléctrica galega que teña en conta a condición excedentaria do pais na produción de enerxía eléctrica, o baixo custe do transporte e o feito de que os galegos soportamos tódolos inconvenientes e ningún beneficio na produción deste excedente. Tarifa galega que, cunha bonificación nas peaxes do 30%, poría as fabricas do pais nun primeiro plano.

Por último tamén vemos imprescindible que a Xunta tutele a creación dun plan industrial que concrete as inversións necesarias para garantir o futuro da industria do alúminio.