Representantes do partido participaron en una concentración simbólica
27 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.Representantes do BNG de Cervo, Xove e do resto da Mariña concentráronse onte de maneira simbólica en Morás para reclamar unha Autoridade Portuaria propia para Lugo. Tamén piden a apertura do dique norte ao tráfico comercial. Presentarán mocións tanto en Xove como en Cervo.
«O peirao que comparten os dous concellos ten anualmente un movemento de mercadorías superior aos cinco millóns de toneladas, unha cifra que supera a de peiraos con autoridade portuaria propia como o de Vilagarcía, ou Avilés e Motril con autoridade portuaria propia respectivamente desde 1996 e 2005 sen que isto reducira a súa capacidade operativa e competitiva. Estamos pois ante unha decisión política á que se deben sumar todas as forzas sociais e políticas da comarca», sinalaron os representantes do BNG.