«Non creo que sexa todo tan comercial»

La Voz

A MARIÑA

Carlos Miranda Trevín, cos nenos ribadenses hai uns días.
Carlos Miranda Trevín, cos nenos ribadenses hai uns días. FOTO MIGUEL

15 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Outro punto de vista en relación coa celebración da Primeira Comuñón, fundamental, é o eclesiástico. É un momento na vida do cristián de importante significado, como resalta un dos sacerdotes que atende dez parroquias de Ribadeo e dúas de Trabada, xunto con Jacinto Edrosa. Falando de diñeiro, indica: «En ningunha parroquia se pide nada. Da na misa do domingo o que queira, voluntariamente. Ademáis as Primeiras Comuñóns coinciden co Corpus, que é o día da caridade, día no que se convida aos nenos e nenas a que compartan algo cos pobres».

-Hai quen non escamita en gastos nesta celebración.

-Dende a visión dun cristián, tamén os catequistas se queixan a veces, con respecto ao que poden transmitir do Evanxeo.

-¿Que opina no caso de nenos que parece que desexan máis a festa cos compañeiros e o regalo?

-¿O último iPad por exemplo? Bueno, tén moitos matices pois non creo que sexa todo tan comercial. En moitos si queda unha semente e o neno percibe o que hai detrás do sacramento. Todos fomos nenos. Ese é un día no que eles son os grandes protagonistas e hoxe eles son, ademáis, máis o centro do mundo.

-A catequese dura varios anos.

-Os nenos fan tres anos de catequese e creo que os catequistas son capaces de transmitirlles ben o que a Primeira Comuñón significa. Hai quen ve eses tres anos, levalos e acompañalos cada domingo, como un ?sacrificio? pero para outros é unha opción de fe. Nos casos nos que se desmadra o presuposto, é como se acabase sendo para os nenos un gran día de Reis Magos.

-¿Como ve logo o gasto medio das familias na Primeira Comuñón, que pode perfectamente superar os 4.000 euros hoxe?

-Non todo é negocio, regalo ou festa, que o hai, pero tamén hai unha experiencia e certos valores e sería bo que non quedasen enterrados.