Candia, disposta a mellorar «a cara da cidade de Mondoñedo» con rehabilitacións

La Voz

A MARIÑA

A alcaldesa explica o novo convenio co Estado e a Xunta

04 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, explicaba onte que o convenio asinado polo goberno local co Ministerio de Fomento e a Consellería de Infraestruturas e Vivenda sobre a Área de Rehabilitación Integral (ARI) permitirá actuacións subvencionadas en 20 vivendas da cidade.

O equipo de goberno amosaba a súa satisfacción e agradecemento aos servizos técnicos polo traballo levado a cabo. A rexedora «destaca a aposta pola rehabilitación na cidade e avanza que estas actuacións se sumarán a outros proxectos de rehabilitación de vivendas, que aínda sen acollerse ás axudas do ARI, teñen proxectos presentados».

«Entre todos Mondoñedo experimentará un importante movemento económico», sinalaba a rexedora.

Mondoñedo está a experimentar un «liftin», un impulso nas iniciativas locais, para dar vida á cidade e convertila nun referente cultural na provincia e en toda a comunidade co Camiño Norte, co futuro museo de Álvaro Cunqueiro, co novo bispado, con toda a tradición cultural e literaria da que goza a cidade na historia de Galicia, etc.

«Estas actuacións -tal como explicaba a alcaldesa- contarán cun orzamentos superiorrd aos 100.000 euros. Todos os que precisen información a maiores poden poñerse en contacto coa Oficina Municipal de Rehabilitación de Mondoñedo, alí serán debidamente informados sobre o convenio co ARI e as condicións para as rehabilitacións».