A segunda edición da proba celébrase este domingo en Mondoñedo, con 170 corredores inscritos
30 abr 2016 . Actualizado a las 05:00 h.170 serán finalmente os valentes que se atrevan coa II Toxiza Classic Xtrem. Unha proba de montaña que Martín Pardiñas, secretario do club organizador, descríbea como «única».
-Xa só lles quedarán detalliños, non?
-Estamos perfilando os últimos detalles. Xusto agora vimos de marcar o recorrido.
-Pasan de 63 inscritos na primeira edición a 168. Case nada...
-Son 170 ao final porque houbo dúas persoas que se inscribiron fóra do prazo. Meter a carreira pequena, de 19 kilómetros, deunos un empuxón importante.
-Que novidades presenta a carreira?
-A principal é a carreira pequena, que comparte o percorrido coa absoluta ata o punto máis alto: a Toxiza. Son 11 kilómetros e despois bifúrcanse. A larga tira ata a Fraga Vella completando un total de 38 kilómetros e a curta volve baixar ata Mondoñedo.
-Será moi alto o nivel dos corredores?
-Defende título Fernando Arca, pero eu creo que Borja Varela, da selección galega, llo ha poñer difícil. Rubén Seco tamén ten un nivel moi alto, pódellelo poñer difícil. Pero sempre pode haber algún tapado.
-Son todos os participantes galegos?
-A gran maioría, aínda que tamén hai algún asturiano inscrito.
-Cal é o principal atractivo da proba?
-O entorno, distinto ao que estamos afeitos en Galicia. É única. A carreira toca tres paisaxes moi diferenciadas. A primeira parte vai por unhas rochas inmensas, logo polos pinares e ao final ten unha zona de pastizais. E a chegada na Praza da Catedral, que é algo precioso.
MARTÍN PARDIÑAS secretario do club de montaña toxiza