Estamos orgullosos de ti, Adrián

MARÍA LOUREIRO, ALCALDESA DE VIVEIRO

A MARIÑA

27 abr 2016 . Actualizado a las 17:46 h.

A Alcaldesa, en nome de todos os veciños de Viveiro, quere felicitar publicamente a Adrián Ben tras os resultados obtidos no Mundial escolar de campo a través.

O pasado fin de semana, en Budapest, celebrouse o Mundial escolar de campo a través, no que Adrián Ben se fixo coa sétima posición e no que, xunto aos seus compañeiros da selección española, acadou o segundo posto por equipos. Estes novos logros súmanse ao excelente palmarés deste deportista que logra superarse en cada competición, acostumándonos aos seus grandes éxitos e facendo que todos, como viveirenses, nos sintamos profundamente orgullosos dos seus magníficos resultados. Por todo isto, a nosa máis sinceira noraboa e os nosos mellores desexos para a vindeira cita deportiva, o Galego Júnior de Pista que terá lugar o 8 de maio en Santiago de Compostela, onde agardamos que Adrián Ben consiga novamente acceder ao podio.