Axuda aos nenos saharauis

ANA MARÍA M. ESMORÍS, DELEGADA DE ZONA DAS FAMILIAS ACOLLEDORAS DE NENOS SAHARAUIS NA MARIÑA PARA QUE POIDAN VIR DE ACOLLIDA

A MARIÑA

18 abr 2016 . Actualizado a las 17:50 h.

Un ano máis, como xa se ven facendo en Galicia dende o ano 1991, familias de A Mariña participan na iniciativa solidaria do programa de acollida temporal de nenos e nenas procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis, ??Vacacións en paz??.

A negra novidade deste ano son os tambores de guerra que parecen ameazar a paz dos saharauis. Cabe resaltar, en relación con este feito, que o estado marroquí está movendo armamento para unha posible guerra contra os saharauis, a raíz da declaración que ten prevista a ONU o día 30 deste mes sobre o Sáhara.

Ante este temor latente e coa esperanza de que sexa infundado, a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) está preparando pasaportes colectivos para poder sacar aos rapaces o antes posible dese clima bélico.

No programa de acollida xa colaboran algún concellos da nosa comarca, pero cada ano son máis escasos os recursos económicos para costear a viaxe destes pequenos refuxiados, polo que se precisa poñer en marcha novas formas de financiamento. A causa disto, estase a comezar unha campaña solidaria nas empresas e comercios solicitando unha aportación económica, contando xa co apoio de algunhas empresas de A Mariña.

Por último, aínda que intentaremos visitar o maior número de empresas posible, se algunha empresa que nós non visitemos ou se algún particular desexa colaborar poderá facer a súa aportación no seguinte número de conta: A BANCA-ES40 2080 5056 13 3040034374.

delegada de zona das familias acolledoras de nenos saharauis na Mariña.