«Houbo momentos en que se me pasou pola cabeza tirar a toalla»

José Francisco Alonso Quelle
JOSÉ ALONSO A PONTENOVA / LA VOZ

A MARIÑA

ALBERTO LÓPEZ

Fai balance dos primeiros seis meses de goberno: ¿Volverá Martínez ao PSOE? «O vexo moi complicado»

17 abr 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O 23 de xuño, Elena Candia, alcaldesa de Mondoñedo, era elixida presidenta da Deputación Provincial de Lugo cos votos do PP. Pouco despois chegaría a moción de censura e o 8 de outubro Darío Campos, alcalde socialista de A Pontenova, a sucedía no cargo. Xa pasaron seis meses, un tempo tumultuoso polo efecto que tiveron as decisións de Manuel Martínez, que condicionou o goberno provincial. De feito, a aprobación dos orzamentos demorouse ata finais do mes pasado, e se saíron adiante foi porque o PP non se opuxo, xa que Martínez non lles dou o seu voto. Seis meses dos que Darío Campos fai balance nesta entrevista. ¿Dubidou en algún momento con tirar a toalla?

-A verdade é que houbo momentos en que se me pasou pola cabeza, pero hai que ser responsable e mirar de seguir, traballar e sacar as cousas adiante.

-¿Cree que os votantes lles pasarán factura ou se co tempo que queda de mandato se esquecerán os enfrontamentos?

-Unha vez que aprobamos os orzamentos agora toca executalos, investir os cartos onde hai que facelo, que é o que a xente está esperando. Temos orzamento para plans de emprego, para obra pública, políticas sociais... a curto prazo téñense que notar os máis de 30 millóns de euros que temos. É unha cantidade importante, que non se inviste todos os días na provincia. Agora os cidadáns van a ver esas inversións, todo ese traballo duns orzamentos que son os nosos, os do goberno provincial, que non veñen impostos, que se axustan ás liñas que eu dixen no Parlamento de Galicia fai meses.

-O PP propiciou que se aprobasen os orzamentos, pero non está claro que o volva a facer. E de novo xurdirá a figura de Manuel Martínez... ¿como cree que vai actuar?

-Pois non o sei, pero iso xa será o ano que ven. De aquí aló pode haber moitos cambios, no goberno da Xunta e no de Madrid, que pasan por situacións parellas. ¿Que vai pasar? Pois teremos que volver a negociar. O que teño claro é que non imos estar parados, que as cousas xa feitas, como as residencias, os centros de día, téñense que poñer en marcha. Non se poden gastar cartos para ter as cousas paradas. Os políticos non estamos ben valorados pola sociedade e temos que dar exemplo de traballo. Na Deputación temos a sorte de dispor de cartos e temos que ser un exemplo de como traballar e de como se fan as cousas.

-¿Que opinión lle merece Manuel Martínez? ¿O veremos algunha vez gobernando co PSOE na Deputación?

-O vexo difícil, pero a política cambia dun día a outro. Eu sigo sendo amigo del. Despois de todo o que pasou a nosa relación persoal é parecida, pero a política non. Teño claro que volver con nós vai ser difícil, non imposible, pero si moi complicado. Pero en política, como en todo, non se pode dicir de este auga non beberei.

-El di que foi traizoado polos seus compañeiros do PSOE.

-Di que o enganamos, pero non recoñece que el o primeiro día dixo que se non era presidente se apartaría. Pois ben, non puido ser presidente e non se apartou, máis ben ao contrario. Non o traizoamos. Quen se equivocou foi el, que non quixo negociar co BNG.

-O PP de A Pontenova di que os veciños o votaron a vostede para ser alcalde, e que non está.

-Eu sigo sendo alcalde. Non estou tanto tempo coma antes, pero estou á disposición dos veciños. Moitos teñen o meu teléfono e me poden chamar cando queiran. De todos os xeitos, se o fixemos ben ou mal no Concello de A Pontenova verase dentro de tres anos, cando os veciños boten. Esta crítica do PP non ten moito sentido porque seguimos traballando coma sempre.

darío campos presidente da deputación de lugo e alcalde de a pontenova

«Será Mayra García, a alcaldesa de Trabada, quen colla a acta de María Loureiro»

«De Antonio Veiga

e do BNG non teño nada malo que dicir... máis ben

ao contrario»

«Coa Operación Pulpo están todo

o día buscando documentación...

é amolado»