Quen dixo medo...

A MARIÑA

10 feb 2016 . Actualizado a las 14:34 h.

Para vivir o Carnaval hai que nacer. É unha das grandes verdades que levo escoitando desde que era nena. Os carnavaleiros agardan pola festa todo o ano. Entréganlle moitas horas e diñeiro aos preparativos, á celebración e á poscelebración. Sempre hai unha poscelebración. Gústalles celebrar o antes, o mentres e o despois da meirande festa de inverno na rúa. A súa dedicación e a súa entrega son difíciles de entender para quen non vive este sentimento. Quizáis por iso, sempre sentín certa envexa dos carnavaleiros. Quizáis por iso, entendín que onte Burela -como fixo Foz o sábado- saira celebrar na rúa o Antroido. Claro que chovía, pero...